GL: "Romántico cemiterio na parte alta da cidade, nas abas do Montealegre, vinculado ao antigo convento de San Francisco. Bañado pola luz desde o amencer até o solpor, co aroma dos loureiros e cipreses e a beleza dos seus mausoleos, lápidas e recunchos cativou a poetas e artistas ourensáns que atoparon aquí o seu último lugar de repouso. O disco San Francisco Express da emblemática banda de rock Los Suaves é unha homenaxe a este melancólico e elegante camposanto. Foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 2000.
A súa historia remóntase a comezos do século XIX, cando a cidade, inmersa nun proceso de transformación e crecemento, viuse necesitada dun novo camposanto que cubrise a crecente demanda e estivese fóra do núcleo urbano. Foron os franciscanos os que cederon un terreo para a súa construción á beira do convento. En 1834 se inaugura, coa bendición do bispo, e en 1887 constrúese, nun pequeno anexo, o cemiterio laico. O espazo de enterramento sería ampliado en múltiples ocasións polo sur e o leste, subindo as abas do Montealegre."
https://www.turismodeourense.gal/gl/recurso/cementerio-de-san-francisco/
Español, English dispoñible na mesma web
O lab ten horario, NON é 24 horas.
Horario
15 xuño-15 setembro
Luns a venres 10.00-19.30 h.
Sábados, domingos e festivos: 9.30-13.00h | 16.30 - 19.30h
16 setembro-14 xuño
Luns a venres 9.00-19.30 h.
Sábados, domingos y festivos: 9:30-13.00h | 16.00 - 19.30h
Created by Ariberna
Use your phone's native QR code scanner to open this Adventure in the Adventure Lab® mobile app. Learn more.